“Hienas, virus, demos de area, micenio, parásitos, talos subterráneos e raíces adventicias, serpes oceánicas, toupas e toupeiras, carreiros de prata, silicio, os cans, os cínicos, enxames, pestes, pragas, bits, Lexión, Pazazu, o Grifón, Bar-Juchne, Behememot e Leviatán, baleeiros, piratas e nómades do deserto, tamén hackers. Non atopamos mellores aliadas para pensar o que sucede, non tanto a simple actualidade como os acontecementos, é dicir o que nela irrompe trastornando as súas ordes.”
Aínda que non o pareza, este é un libro sobre o 15M.
Así se presenta Zoopolitik, unha aproximación zoolóxica e en aberto ao movemento 15M.
Zoopolitik, o último proxecto, en forma de libro, da Universidade Invisíbel, unha rede de activistas, investigadores e creativos, esteada na Galiza.
Unha análise interdisciplinar do #15M redactado polo antropólogo Antón Fernández de Rota, o tamén antropólogo Carlos Diz, o sociólogo Martín Cebreiro e o filosofo e blogger Rosendo González, todos eles especializados no estudio da cultura política e os novos movementos sociais.
Comentarios